
Toda a comunidade educativa está convocada á asemblea aberta da comunidade educativa que se realizará no Edificio Servizos Múltipes de Culleredo o 15 de abril de 2026 ás 18:00h.
Nesta asemblea convocamos a familias, alumnado e profesorado dende as asembleas abertas do ensino público, xunto coas organizacións sindicais CiG e STEG.
Nesta asemblea abordaremos a situación na que se atopan os nosos centros e tenderemos pontes cara as futuras mobilizacións do 28 de abril e do 6 de maio coa intención de crear unha fronte unida da comunidade educativa.