O xoves 25 de xuño de 2026, terá lugar a Asemblea Xeral das Asembleas Abertas do Ensino Público, á que están convocadas todas as comarcas e Asembleas de centro.
É momento de xuntarnos todas, de valorar a situación actual e de pór en común todo o compartido nos nosos centros e comarcas, de tomar decisións entre todas.
Termina o curso académico, mais non a loita nin o traballo de cara a novas mobilizacións de todo o profesorado!
Estes meses demostramos que cando o profesorado se organiza, cando comparte problemas e constrúe respostas colectivas, é capaz de colocar enriba da mesa a realidade que a Consellería leva intentando agochar tanto tempo.
O ensino público está nunha situación crítica, o día a día nas aulas de moitos centros é pura supervivencia. É necesario actuar!
Non, non son problemas individuais: son as consecuencias dun modelo educativo cada vez máis precarizado polo abandono institucional. Por iso vos animamos a participar, a organizar e a facer medrar a mobilización de todo o profesorado galego!
