No mes de febreiro tiveron lugar diferentes mobilizacións, tanto o 25 de febreiro no sur da provincia de Pontevedra como o 28 na Coruña e en Compostela. A situación no ensino é insostible.
É máis necesario que nunca realizar mobilizacións conxuntas, unitarias e transversais a toda a comunidade educativa.
Hai unhas semanas as Asembleas Abertas de Ensino e os sindicatos CIG-Ensino e STEG acordaron convocar en conxunto unha folga no ensino o próximo día 28 de abril. Ademais, neste acordo inclúese trasladar a todos os colectivos da comunidade educativa (asociacións, federacións, sindicatos, …) a proposta de realizar unha convocatoria conxunta e unitaria de mobilizacións descentralizadas de toda a comunidade educativa o mércores 6 de maio en máis de 20 vilas e cidades de toda Galicia, para defender o Ensino Público Galego desde unha ampla base social.
O pasado 24 de marzo en Compostela houbo unha primeira xuntanza previa e xeral entre as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado e de estudantes, Federacións de ANPAs e outros colectivos para presentar esta proposta, e construír xuntas estas mobilizacións. Despois, volveuse enviar un correo electrónico a todos os colectivos para que poidan participar na convocatoria.
Queremos abrir espazos de debate en cada comarca, nos que compartir e aportar desde a perspectiva de todos os axentes de educación.
Por iso, estas semanas haberá asembleas comarcais abertas nas vilas e cidades onde se quere facer as mobilizacións. A idea é que nesas asembleas participen todas as persoas e todos os colectivos que o desexen: estudantado, familias, nais e pais, persoal non docente, profesorado… Soamente todas xuntas poderemos construír un Ensino Público Galego digno e de calidade.
Podedes atopar o calendario de asembleas abertas comarcais a continuación e cunha versión imprimible ao final:
A Coruña
- Compostela: mércores 8 ás 18:00. IES Eduardo Pondal (salón de actos).
- A Coruña (Culleredo): mércores 15 ás 18:00. Edificio Servizos Múltiples de Culleredo.
- Costa da Morte e Bergantiños (Carballo): mércores 15 ás 18:00. CEIP Bergantiños.
- Ferrolterra (Ferrol): mércores 15 ás 18:00. CEIP Ponzos (Biblioteca)
- Muros-Noia (Muros): xoves 16 ás 18:00. IES Fontexería.
- Porto do Son: luns 20 ás 20:00. Local social de Porto do Son.
- Barbanza: sen confirmar.
Lugo
- Monforte de Lemos: mércores 15 ás 18:00. IES Daviña Rey ás 18:00.
- Lugo: xoves 16 ás 18:00. IES Lucus Augusti (salón de actos).
- A Mariña (Ribadeo): mércores 22 ás 18:00. IES Dionisio Gamallo.
Ourense
- Allariz: mércores 8 ás 19:00, IES Allariz.
- O Carballiño: xoves 16 ás 17:30. IES Manuel Chamoso Lamas (Aula 6).
- Ourense: mércores 22 ás 18:00. CIFP Portovello (edificio B).
- Verín: martes 21 ás 18:00. IES García Barbón
Pontevedra
- O Condado-Paradanta (Ponteareas): mércores 15 ás 19:00. IES Val do Tea (Salón de actos).
- Vigo: mércores 15 ás 18:00. IES República Oriental do Uruguai (na Ágora).
- Deza-Tabeirós (A Estrada): xoves 16 ás 18:00. IES Manuel García Barros (Sala usos múltiples).
- Salnés (Cambados): mércores 22 ás 18:00. IES Ramón Cabanillas (PENDENTE DE CONFIRMACIÓN).
- O Morrazo (Cangas): mércores 22 ás 18:00. IES Rodeira (Sala usos múltiples).
- Val Miñor (Nigrán): mércores 22 ás 18:00. IES Val Miñor.
- Pazos-Redondela-Soutomaior-Vilaboa (Redondela): mércores 22 ás 18:00. Multiusos da Xunqueira de Redondela .
- A Louriña: xoves 23 ás 18:00. Lugar sen confirmar (actualizarase o luns 13 de abril).
- Pontevedra: xoves 23 ás 18:00. Centro Social Leste.
Mapa de asembleas abertas comarcais:
Ver o mapa a pantalla completa
Estas asembleas, xunto ás xuntanzas que se manterán a partir da próxima semana entre os distintos colectivos de toda a comunidade educativa que queiran participar na convocatoria das mobilizacións do 6 de maio, permitirán desenvolver unha convocatoria que responda ás necesidades e demandas de toda a comunidade educativa galega.
Loitando construímos o Ensino Público Galego!
