Estes días haberá asembleas abertas comarcais en toda Galicia para analizar o momento no que se atopa o ensino despois das últimas accións e do novo acordo, e tamén debater e decidir entre todas as persoas que participamos nas asembleas que accións desenvolver nas próximas semanas e meses. Pensamos que é moi importante que o profesorado participe no debate e que as decisións sexan acordaas de xeito asembleario entre todas nós.
Lista de Asembleas Comarcais en orde Cronolóxico:
- O Condado – Paradanta
Lugar: IES Val do Tea, Ponteareas
Data: luns 18 de maio
Hora: 18:30 - A Louriña
Lugar: IES Ribeira do Louro, O Porriño
Data: mércores 20 de maio
Hora: 16:30 - O Morrazo, Redondela, Val Miñor e Vigo
Lugar: IES Alexandre Bóveda (Coia 2), Vigo.
Data: xoves 21 de maio
Hora: ás 17:30 - Pontevedra
Lugar: IES Gonzalo Torrente Ballester, Pontevedra
Data: xoves 21 de maio
Hora: 18:00
Proposta de orde do día:
- Análise do 28A e 6M: lectura a nivel de centro, local e comarcal.
- Accións: proposta de accións a curto e longo prazo.
- Instrucións curso 2026/2027: análise e valoración.
- Enquisa de recollida das necesidades e deficiencias dos centros educativos de Galicia: difusión.
- Asemblea xeral: proposta de lugar, datas e orde do día