Comunicado sobre as probas de Avaliación Diagnóstica

Tes máis información nos documentos para descargar ao final da páxina.

QUE ESTÁ A PASAR?

A administración obriga ao profesorado a corrixir as probas de avaliación diagnóstica de forma gratuíta e fóra do horario lectivo, sen compensación económica nin de tempo.

PRECEDENTES NOUTRAS COMUNIDADES

Baleares: O sindicato Alternativa denuncia que só pagan 2,5 € por proba aos centros mostrais, mentres o resto do profesorado corrixe sen cobrar nada. Esíxese que se revise o modelo e se estenda a compensación a todos os docentes.

Madrid: A Consellería orzou 1.212.631,74 € para contratar unha empresa externa que fixese as correccións. A licitación quedou deserta e… derivaron o traballo ao profesorado sen pagar un euro. UGT puxo a disposición dos afiliados un modelo de reclamación individual.

Catalunya: as críticas do Profesorado ao modelo de Avaliación Diagnóstica rematan este ano coa derivación da súa corrección a un “organismo externo” (privado). Isto supón o control do sector público a través do pago a unha empresa privada, que evidentemente non é solución e non coñecen as necesidades reais do alumnado.

Se a administración valora este traballo en máis dun millón cando o externaliza, por que nos obriga a facelo gratis?

QUE PODEMOS FACER?

  1. Se es docente: Basta con non ofrecerte voluntario para corrixilas. Se che obrigan que o fagan por escrito. Ese escrito servirá para elevar a queixa á inspección e aos sindicatos. Compartimos documento para solicitar que te nomeen por escrito.
  2. Se es da comisión de coordinación: solicita o nomeamento por escrito. Deste xeito, poderás elevar unha queixa similar á do punto 1.
  3. Vía sindical: Pide ao sindicato ao que esteas afiliado que reclame compensación económica e de tempo.
  4. Vía individual: Reclamar administrativamente as horas extraordinarias realizadas
  5. Documentar: Rexistrar por escrito os desaxustes curriculares e a falta de adaptación e elevar a queixa á inspección educativa.
  6. ANPA e FEDERACIÓNS DE ANPAS: contacta coa ANPA do teu centro. Pásalles o documento 2 que compartimos de cara a informarlles e que valoren a toma de accións.

Nin gratis. Nin a custo cero. Nin con desaxustes curriculares. Por un traballo digno, recoñecido e retribuído.