Convocatoria de xuntanza a toda a comunidade educativa do ensino público galego – 24/mar/26

Desde as Asembleas Abertas do Ensino Público, CIG-Ensino e STEG acordamos unha proposta de mobilizacións de toda a comunidade educativa para o mércores 6 de maio pola tarde. A intención é que estas mobilizacións sexan organizadas e convocadas de xeito conxunto e unitario por todos os colectivos da comunidade educativa galega.

Polo tanto, decidimos convocar unha xuntanza na que trasladaremos os detalles desta proposta, esperando que sexa o inicio dun traballo conxunto que permita organizar a convocatoria destas mobilizacións.

Data: martes, 24 de marzo de 2026.
Hora: 17:00 horas.
Lugar: CERSIA (Santiago de Compostela)