FOLGA 28A – Crónica dun día de Loita (28/abril/2026)

Hoxe o profesorado demostrou que a unidade é o camiño.

Miles de persoas percorrimos as rúas de Compostela berrando por un ensino mellor e facendo visíbel a necesidade de camiñarmos todas xuntas da man nesta loita.

Próxima parada?

O 6 de maio: mobilizacións de toda a comunidade educativa en máis de vinte vilas e cidades da Galiza.

Porque loitando xuntas construímos o ensino público galego e seremos quen de mudar a realidade das aulas!