Milleiros de persoas de toda a comunidade educativa percorreron as rúas de Cangas, Mos, O Porriño, Ponteareas, Redondela e Vigo en defensa do ensino público.
De xeito simultáneo, mobilizámonos en seis puntos distintos para defender un ensino público digno, inclusivo e de calidade. A situación nos centros é insostible e queremos transmitir que o traballo transversal e unitario é posible e necesario para acadar un cambio real nas políticas educativas.
Lectura do manifesto, en Vigo
A convocatoria unitaria por parte das Asembleas Abertas do Ensino Público, federacións de ANPAS (A Gameliña, FANPO, FOANPAS…) e ADICOPUVI, baixo o lema “En loita polo ensino público”, comezaron ás 19:30 con lemas como “A diversidade é unha prioridade” ou “A inclusión real necesita persoal”.
Esta convocatoria únese á lista de folgas e accións comezadas neste curso polos sindicatos, coa novidade de ser unha convocatoria organizada por un movemento asembleario de profesorado e familias.
Foi ilusionante traballar man a man con alumnado e familias.
Cabeceira da manifestación de O Condado
A situación nos centros é insostible
A unidade construída ao longo do curso parte da preocupación compartida pola situación que viven os centros educativos públicos galegos.
Deficiencias graves nas instalacións, falta de persoal docente e recursos, ratios abusivas que impiden a atención real á diversidade, ausencia de persoal de coidados ou falta de persoal de mantemento, limpeza ou administración son circunstancias ás que a comunidade educativa está, tristemente, acostumada.
Se o sistema lle falla ao máis vulnerable, fállanos a todas.
Concentración en Redondela
Pedimos:
Máis persoal, incluído o especializado na atención á diversidade.
Ratios máis baixas.
Infraestruturas dignas e seguras.
Recuperación e actualización dos nosos dereitos laborais.
Igualdade real.
En Vigo, unhas 8000 persoas.
O sábado 28 de febreiro terán lugar novas mobilizacións na Coruña e Santiago de Compostela.
Saímos e sairemos á rúa por un ensino público forte, inclusivo e con recursos suficientes.
O Morrazo
O Morrazo
Manifestos das diferentes zonas e nota de prensa:
Cada unha das zonas e comarcas, adaptaron un manifesto común ás súas particularidades: