Mobilizacións no CIFP Manuel Antonio (Vigo)

O profesorado do CIFP Manuel Antonio leva meses de conflitividade e iniciou en febreiro os “xoves reivindicativos” para denunciar a falta de democracia no seu centro e os problemas do mesmo.

En concreto, hoxe xoves 5 de marzo hai convocado un paro de 3 horas (12h a 15h) para o profesorado do CIFP Manuel Antonio.

Ás 12:30 terá lugar unha concentración na praza da Estrela (Vigo), no edificio administrativo da Consellería de Educación, á que está convidada toda persoa do profesorado, comunidade educativa e sociedade.

Ler máis.