Tarde En Loita (Vigo e comarca) – mércores 17/xuñ/2026

O mércores 17 de xuño, na praza da Estrela de Vigo, terá lugar unha tarde de celebración, loita e reivindicación para toda a comunidade educativa das comarcas da ría de Vigo. A intención é que sexa un momento de encontro, de celebración e de culminación conxunta dun curso de loita. Por isto queremos convidar a toda a comunidade educativa (profesorado, familias, alumnado…) a participar.

A tarde terá unha parte festiva con foliada e outra reivindicativa coa lectura dun manifesto. Convidámosvos a levardes os vosos bocatas e mesmo comida para partillar!

Fronte á represión, EDUCACIÓN!