As Asembleas Abertas do Ensino Público xorden da necesidade de crear un espazo común do profesorado para falar, escoitarnos e coordinarnos diante da situación cada vez máis delicada que vive o ensino público.
Espazo horizontal, aberto e de base. Non pretende substituír a ningún sindicato, senón sumar e organizar respostas colectivas ás problemáticas reais dos centros.
Concepción asemblearia, participativa e aberta, onde todas as voces teñen cabida e onde o obxectivo común é mellorar o ensino público.
Martes, 24 de marzo de 2026
Todos os axentes da comunidade educativa foron convidados a participar na preparación da xornada de loita do 6 de maio.
Mércores e xoves do mes de abril.
Convocatoria de asembleas abertas a toda a comunidade educativa en máis de 20 comarcas
Martes, 28 de abril de 2026
Convocatoria que aspira a mobilizar a todo o profesorado.
Mércores, 6 de maio de 2026
Convocatoria de accións unitaria e deslocalizada, que aspira a mobilizar a toda a comunidade educativa.