É o nivel máis próximo ao día a día de cada centro e o punto de partida da organización colectiva.
A rede
Unha rede aberta, autónoma e coordinada
Asembleas Abertas do Ensino Público nace da organización directa das traballadoras e traballadores nos centros. Cada asemblea decide con autonomía e comparte coa rede información, recursos e capacidade de acción.
A rede non substitúe as asembleas: conéctaas. As decisións nacen nos centros e coordínanse nas comarcas e na asemblea xeral.
Consulta o mapa da redeComo se organiza a rede
Descargar en PDFToca cada cabeceira para pregar o grupo e cada espazo para ver máis.
Permiten compartir información, problemas, propostas e acordos entre centros dunha mesma área territorial.
É o ámbito común para o debate e a toma de decisións de alcance galego.
Serve de canle estable para trasladar información, propostas e acordos entre os centros e a coordinación galega.
Dá continuidade ao traballo entre asembleas e coordina tarefas concretas a nivel galego.
Son equipos orientados a tarefas concretas, cunha función práctica e operativa.
Grupos e comunidade
A comunidade de WhatsApp reúne os grupos territoriais e de traballo da rede. As ligazóns de acceso publícanse e actualízanse nesta páxina.
Comunidade: Asembleas Abertas do Ensino Público - Galiza
A Coruña e comarca
Barbanza
Compostela e comarca
Costa da Morte
Ferrolterra
Ourense norte
Ourense sur
Pontevedra
Pontevedra Sur
Coidar os espazos
- 01
Identifícate co teu nome e co centro educativo ao entrar.
- 02
Emprega cada grupo para o ámbito e a finalidade indicados.
- 03
Respecta os tempos, as persoas e os acordos colectivos.
- 04
Non difundas fóra da comunidade información interna sen autorización.