18 de novembro de 2026
Nós decidimos o seguinte paso: consulta ao profesorado do 16 ao 20 de novembro
Pero nada diso vai chegar só. Por iso, do 16 ao 20 de novembro imos facer unha consulta a todo o profesorado para decidir xuntas como mobilizarnos este curso.
16–20 de novembro de 2026
Nacional

A votación está dispoñíbel en enquisa.asembleasensino.gal
Levamos meses recollendo nos centros os mesmos problemas: ratios que non baixan, persoal que non chega, burocracia que nos come o tempo, centros sen manter e alumnado sen os profesionais que precisa. Con todo iso elaboramos o decálogo das Asembleas Abertas do Ensino Público, que podes consultar en DECÁLOGO.
Pero nada diso vai chegar só. Por iso, do 16 ao 20 de novembro imos facer unha consulta a todo o profesorado para decidir xuntas como nos mobilizamos este curso.
Descarga os materiais de información e axitación para os centros AQUÍ.
Que se pregunta?
A consulta ten dúas preguntas sobre as mesmas cinco opcións:
- Selecciona, das seguintes opcións, cal é para ti o seguinte paso. Só unha opción.
- Selecciona en cales destas accións participarías no caso de saíren maioritarias. Podes marcar varias.
As opcións son:
- Non participarei en ningún tipo de futuras mobilizacións.
- Participarei nunha gran mobilización de toda a comunidade educativa en febreiro ou marzo, a partir da cal se definan as seguintes accións.
- Participarei nunha folga de 15 días en decembro, coincidindo coas sesións de avaliación, de xeito que a folga inclúa non poñer as cualificacións en XADE.
- Participarei nunha folga indefinida en marzo.
- Participarei nunha folga continua (indefinida) e alterna en marzo, por provincias ou comarcas, de xeito que todos os días haxa territorios en folga pero que sexa sostible para o profesorado.
Como funciona?
- Para quen: todo o profesorado do ensino público galego, independentemente do corpo ao que pertenza.
- Anónima: votaremos a través dos nosos correos, mais os votos se gardarán cifrados, garantindo o absoluto anonimato.
- Desde o móbil: en liña, en poucos minutos.
- Podes cambiar o voto: mentres a consulta estea aberta podes votar de novo; só conta o último voto.
Por que importa?
Ningunha mobilización funciona sen apoio maioritario. Antes de decidir, queremos saber con quen contamos. Tamén se non pensas mobilizarte: a túa resposta conta igual, porque sen ela non saberiamos as forzas reais.
Fai click aquí para votar até o 20 de novembro!
Nós decidimos o seguinte paso.