12 de novembro de 2026
O profesorado do IES Ribeira do Louro chama á unidade e ao diálogo na defensa do ensino público
O profesorado do IES Ribeira do Louro reivindica a unidade, o diálogo e a defensa dun ensino público de calidade fronte á presión institucional e á división da comunidade educativa.

Hoxe, 12 de novembro, nos detemos coa resaca dun día moi intenso e miramos atrás sentíndonos algo cansas xa que levamos moito tempo loitando, transmitindo reivindiaccións lexitimas que dificilmente ningún integrante da comunidade educativa pode considerar inapropiadas, e se así fora, aquí estamos para escoitar, reflexionar xuntas e definir que é o que necesita o noso centro educativo.
Detectamos que tanto esforzo está dando resultado, nun contexto político efervescente, pois sentimos como algúns resortes se activan e se trasladan aos equipos diretivos ou directamente a compañeiras, con ordes e instruccións pouco xustificadas ou interpretables, no mellor dos casos, ou sen respaldo normativo noutros. A sombra da Inspección sobrevoa a Sala do profesorado e unha calma tensa se respira hoxe no IES Ribeira do Louro.
Eleccións sindicais, unha Folga Xeral previa a campaña electoral poden ser os detonantes de correos, chamadas telefónicas, Claustros extraordinarios, instruccións,… un clima máis político que docente e que provoca que perdamos o rumbo marcado, nunha travesía que soamente poderemos sobrelevar con xenerosidade e a unión de todas acollendo a nosa diversidade con naturalidade, porén focalizándonos no noso obxectivo común, a defensa dun Ensino público de calidade.
Pero todo este ruido provoca dúbidas, fai aflorar as nosas diferenzas, xulgarnos unhas a outras, en definitiva, desgastarnos. Posiblemente eso é o que se busca polo que debemos reaccionar e suxeitar o timón con forza, unirnos e non amedrentarnos, dialogar e apoiarnos, pois nós traballamos mirando e escoitando ao noso alumnado e as súas familias, empatizando con elas e sentido o que elas sinten, percibindo as súas necesidades e solicitando os recursos para atendelas somos intermediarias da Administración que traballamos para a mocidade de hoxe e para a sociedade de mañá, non para satisfacer necesidades arbitrarias.
En calquera caso a Asemblea do profesorado do IES Ribeira do Louro ten as portas abertas para atender as autoridades pertinentes e intercambiar opinións, debater criterios, escoitar propostas de mellora, facer achegas, solicitar recursos… en fin, definir entre todas un sistema educativo que sexa o corazón dunha sociedade xusta, un lugar onde cada neno e nena teña o seu espazo, onde haxa tempo para escoitar, onde se valore a curiosidade e o coñecemento, soñamos con aulas luminosas, con bibliotecas cheas de vida, cun profesorado tranquilo, respectado e valorado, soñamos con centros abertos ao barrio, con familias que participan, con consellos escolares onde se fala de igualdade e convivencia.
Mañá 13 de novembro con folgos renovados espertaremos para facer realidade os nosos soños.