Ir ao contido
Asembleas Abertas
do Ensino Público
Nova

15 de novembro de 2026

Solidariedade e denuncia pola censura e vulneración dos nosos dereitos

Solidariedade e denuncia pola censura e vulneración dos nosos dereitos

← Actualidade

As Asembleas Abertas do Ensino Público queren solidarizarse con varios centros, que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias da censura da Inspección Educativa e ao tempo a inacción da Consellería de Educación que só provoca conflitividade e situacións de vulnerabilidade para toda a comunidade educativa.

No IES Ribeira do Louro (O Porriño), o profesorado recibiu a presión e censura da Inspección. Desde o noso espazo asembleario, facemos público un comunicado en solidariedade coas nosas compañeiras e denunciando o sucedido. Podedes consultar tamén a testemuña da propia asemblea do IES Ribeira do Louro que xa foi publicada na nosa web, e que está a recibir o apoio de moitos centros galegos, como o IES de Mos.

Fotografía

Respecto ao emprego de Abalar, un compañeiro da asemblea territorial de Compostela, contactou coa Inspección Educativa para obter explicacións do sucedido no IES Ribeira do Louro e para coñecer cales son os nosos dereitos no uso de dita plataforma. A resposta reafirma que os apercibimentos recibidos non son xustificados. Podedes consultar a información neste documento.

Por último, queremos compartir o comunicado do IES Pedra da Auga (Ponteareas), onde expresan a súa preocupación e desconformidade polo actual estado das obras da cuberta do seu centro. Ademais, convidamos a seguir o exemplo do IES Val do Tea (Ponteareas), que van convocar un claustro extraordinario para apoiar ao seu centro veciño.

Animamos a denunciar a situación que temos nos centros, pero tamén a apoiar e socializar as reivindicacións e accións das compañeiras doutros centros. É o momento da solidariedade, do colectivo, de estar todas unidas, toda a comunidade educativa. Non podemos ceder ante as políticas desta Consellería de Educación que só nos levan á división e á conflitividade. conflitividade social, que só leva á división da comunidade educativa.